HomeCulturaA poeta de Sarria, Xela Arias, Letras Galegas 2021

A poeta de Sarria, Xela Arias, Letras Galegas 2021

A Real Academia Galega dedicaralle a Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) o Día das Letras Galegas de 2021. O Pleno da institución acordou homenaxear o ano que vén a quen foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Xela Arias formou parte dun grupo de poetas que tamén recibirán a homenaxe da RAG a través dela: o dos mozos e mozas que renovaron a poesía a partir dos primeiros 80 en temas, estilo e forma. Pero a dela é unha desas voces singulares e inclasificables, de tal maneira que -en palabras de Ana Romaní- o seu é un nome que se pronuncia sen xeración.

“A protagonista das Letras Galegas 2021 concibía a poesía como un xeito de indagar e cuestionar a orde das cousas, de describir o que se aprende a ocultar”, apunta a RAG nun comunicado. A pescuda do eu fonda e reflexiva, a afirmación do corpo feminino, a perspectiva de xénero e a procura de novos espazos para a poesía mediante a recitación ou o diálogo coa fotografía, a música e a pintura, son algúns dos trazos destacados da súa voz como creadora.

REACCIÓNS NO CONCELLO DE SARRIA

O Concello de Sarria congratúlase da decisión da Real Academia Galega considerando que é unha homenaxe merecida a unha muller que supón unha “voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma”.

Sarria, que aposta firmemente pola cultura en xeral e a poesía en particular cun premio de poesía e de longa tradición e único en Galicia, felícitase deste recoñecemento a unha muller, a quinta á que se rende este homenaxe, sarriá de sentimento, de vinculación e formación.

O Concello de Sarria quere lembrar neste momento á súa nai, Amparo Castaño, e ao seu pai, Valentín Arias, que xa non está entre nós. Ambos tan queridos e vinculados á cultura, á educación e ás tradicións da nosa terra.

Dende o equipo de goberno din tamén que esperan estar á altura programando culturalmente o xacobeo 2021 ao redor da figura e da obra de Xela Arias Castaño.

Máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...