HomesociedadeO concello de Monforte abre a rúa Costa da Pena

O concello de Monforte abre a rúa Costa da Pena

O Concello de Monforte abre ó tránsito a rúa Costa da Pena, tras levarse a cabo nela obras de mellora no seu firme, dende mediados do pasado mes de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actuación supuxo un investimento de 48.361,33 euros, dos que a Deputación Provincial achegou o 87%, 42.075 € e o Concello o 13% restante, 6.286,33 €, grazas a un convenio asinado entre o seu Presidente, José Tomé Roca, e a 1ª Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada.

En concreto,  as actuacións que se efectuaron na rúa Costa da Pena consistiron na renovación do seu pavimento e sinalizacións, así como a mellora da seguridade vial e accesibilidade ós portais das vivendas ubicadas en dita rúa, e a adecuación da súa rede de saneamento de augas pluviais. 

Neste senso, o Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación, José Tomé Roca, explicou que “o obxectivo que buscamos con esta actuación foi levar a cabo a mellora do pavimento da rúa Costa da Pena, en dous tramos concretos da mesma, isto é, na confluencia desta rúa con Doutor Casares e dende o atrio da igrexa da Régoa ata o encontro co primeiro tramo”. 

Melloras no pavimento da rúa Costa da Pena

As obras de mellora que se levaron a cabo na rúa Costa da Pena localizáronse en dous tramos diferentes.

primeiro dos tramos está situado na confluencia desta rúa coa rúa Doutor Casares, onde o seu pavimento presentaba un mal estado de conservación, realizado a base de cantos rodados, adoquíns e formigón, e que estaba cheo de baches e pedras sueltas. Tamén presentaba deficiencias na colocación das tapas das arquetas de acometidas e determinados puntos relativos á evacuación de augas pluviais necesitaban ser arranxados.

segundo dos tramos vai dende o atrio da igrexa da Régoa ata o encontro co primeiro tramo descrito anteriormente. Trátase dunha vía con pouca anchura e forte pendente, que presentaba deficiencias na capa de rodadura, con baches, cortes e falta de uniformidade no pavimento.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...