HomesociedadeTomé celebra a electrificación da liña Lugo-Monforte

Tomé celebra a electrificación da liña Lugo-Monforte

"Nos anos que gobernou Rajoy, paralizou totalmente o investimento no ferrocarril en Galicia“, asegura Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, cualificou coma “unha boa noticia para a provincia, a pesar do Partido Popular” a electrificación da liña de ferrocarril Lugo-Monforte, que se licitará no consello de Ministros. “E digo isto porque, nos anos que gobernou Rajoy, paralizou totalmente o investimento no ferrocarril en Galicia“, sentenciou.

“E non o digo eu, está dito polo Tribunal de Contas no informe dos anos 16 e 17, onde houbo que indemnizar a empresas porque se perderon contratos e onde se paralizou a intermodal de Lugo”, engadiu.

NEVE

Por outra banda, Tomé sinalou que os efectivos provinciais están a traballar en cen estradas, a través de todos os equipos operativos, para manter a circulación nas vías principais a pesar do temporal de neve que está “a pegar forte” na provincia, especialmente na montaña.

“Hai que agradecer o traballo que están a realizar os traballadores de vías e obras e do parque móbil, e eu creo que a deputación está a responder á demanda, neste momento, dunha climatoloxía moi adversa e que veu moi de golpe, e agora non temos ningún inconveniente en ningunha estrada provincial”, certificou.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...