HomePolíticaComo mellorar a estrada Paradela-Currelos?

Como mellorar a estrada Paradela-Currelos?

O PP instaba no pleno da Deputación a deixar sen efecto a mellora prevista do pavimento do tramo viario entre Paradela e O Saviñao nunha moción na que para este tramo pedían o ensanche, mellora de trazado e pavimentación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O popular, Javier Castiñeira, amosábase moi sorprendido pola reacción do Partido Socialista, “Pediamos que se anule a obra que ten prevista a Deputación para esa estrada, que só prevé a renovación do pavimento; son os veciños e os usuarios os que o piden, porque mentres non se quiten curvas perigosas e se amplíe o seu ancho, non se resolverá de verdade o problema.  É algo que pide tamén o propio Partido Socialista de Paradela e non tendemos como o PSOE da provincia de Lugo non é capaz de entender aos seus propios concelleiros en Paradela”.

Pola súa banda o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, sinalaba, “Debe ser a primeira vez na historia que un partido político pide que se anule un investimento nun concello e que non se mellore unha estrada. Os populares instan ao Goberno provincial a deixar sen efecto a prevista mellora do pavimento do tramo viario entre Paradela e O Saviñao.”

Tralo pleno a Deputación de Lugo seguirá adiante co proxecto e o traxecto entre Paradela e o núcleo de Currelos sinalan que quedará “completamente renovado coa reapertura e limpeza de cunetas, a rehabilitación do firme con aglomerado en quente, e o repintado da sinalización.”

O proxecto xa está elaborado e en proceso de licitación por un orzamento que ascende a 542.000€. De feito, xa se reuniu a mesa de contratación para seleccionar a empresa adxudicataria das obras, tras o que se aprobará a adxudicación na Xunta de Goberno. 

Concretamente, a institución provincial mellorará varios tramos do firme da LU-P-4201, de Pacios a Mosteirovello, dende os puntos quilométricos 0 ao 1,235, do 1,405 ao 1,810, e do 3,435 ao 4,200; da LU-P-4205, de Aldosende por Feasita a Foilebar, dende o 2,331 ao 5,924; e a LU-P-5818, da LU-P-4202 a Vila, dende o 0 ao 6,334. En total, a institución provincial acondicionará un total de 12,3 quilómetros da vía. 

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...