HomeMovementos sociaisReclamación ante a Consellería da Anpa do CPI do Courel

Reclamación ante a Consellería da Anpa do CPI do Courel

Este novo paso do CPI Poeta Uxío Novoneyra chega despois da concentración de protesta do pasado 30 de decembro e anuncia tamén unha folga para o vindeiro día 8 de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Anpa do CPI Poeta Uxío Novoneyra presentou este 5 de xaneiro en Lugo reclamación ante a Consellería de Cultura, Educación e Universidades pola inminente licitación do transporte escolar de Folgoso do Courel.

No seu apoio estiveron presentes o colectivo de taxistas, que actualmente cobren o servizo, e cuxos postos de traballo vense ameazados pola nova licitación, así como a directiva do colexio, corporación municipal, grupos da oposición e Fapacel.

Así mesmo, a Anpa está a convocar unha xornada de folga o vindeiro 8 de xaneiro, á espera dunha solución definitiva por parte da administración que permita seguir co actual sistema de transporte. 

Xunto cos membros da ANPA Poeta Uxío Novoneyra estiveron apoiando a causa a voceira socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez, e representantes de Caurel Vivo. Presentaron no rexistro da Xunta de Galicia diversos escritos cos que demandan ao Goberno da Xunta que revisen os novos contratos do transporte escolar, “xa que a nova licitación do Goberno de Feijóo mermaría considerablemente o servizo na vila”, comentan.

Carmen Álvarez remarcou tamén que o Grupo Parlamentario Socialista levará este asunto ao Parlamento “co fin de que o Goberno de Feijoo recapacite sobre este asunto tan serio, que afectaría gravemente ao tecido económico e social da nosa vila e da nosa Comarca. A nova licitación do transporte escolar é un ataque directo ao servizo educativo de Folgoso do Courel”.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...