HomesociedadeA alcaldesa de Folgoso (PP) tamén critica o deseño da Xunta das...

A alcaldesa de Folgoso (PP) tamén critica o deseño da Xunta das rutas escolares

Lola Castro apoia a reivindicación de pais e nais e esixe que se manteña o plan de transporte escolar como ata o momento.

Publicado o

- Advertisement -

A alcaldesa de Folgoso do Courel, a popular Lola Castro, arremeteu contra o deseño que realizou a Xunta de Galicia das rutas de transporte escolar que afecta a 30 estudantes neste municipio.

A rexedora do PP censura que as rutas escolares deseñadas polo Goberno galego “non son reais”. “Van ter que desfacer o que están a facer, porque con microbuses polas estradas do Courel, nalgún caso estradas que non contan con máis de catro metros de anchura como moito, non é o adecuado”, advertiu.

Así, apunta que o Concello “está a apoiar” a reivindicación dos pais, mentres informa de que se presentaron alegacións ante a Consellería de Educación e a Valedora do Pobo.

Por iso, demanda que se manteña a situación como estaba. “Había seis rutas expostas con taxistas de toda a vida. Iso é o que se pide: que siga como está, porque se estaba dando un bo servizo“, afirma.

Sobre este extremo, a rexedora alerta da “situación en que vai quedar a xente que leva 30 anos facendo ese servizo”. “Non había problemas, non houbo ningún accidente en todos estes anos de servizo por parte de ningún destes profesionais que cubrían os roteiros”, conclúe Lola Castro.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...