HomesociedadeNovo local social en Probeiros, na parroquia monfortina da Parte

Novo local social en Probeiros, na parroquia monfortina da Parte

Esta semana darán comezo as obras de reforma e mellora da edificación que acollerá o futuro local social de Probeiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte destina 44.189,18 euros a estas obras de mellora do conxunto da estrutura do actual edificio existente, que foron adxudicadas á empresa Couso Souto S.L. Para a execución dos traballos, que a continuación se describen, estímase un prazo de 10 semanas. 

A parcela na que se ubica o edificio obxecto da reforma, sitúase en solo rústico de protección ordinaria e a edificación obxecto desta reforma ubícase nun dos laterais dunha pista de formigón existente. 

O local conta cunha planta baixa de 11 metros de longo por 7 metros de ancho, que é sobre a que o Concello levará a cabo a rehabilitación, que será destinada a equipamentos públicos e como local social. Coa rehabilitación desta planta, acadarase un local diáfano, que será preparado ademais para acoller nun futuro unha cociña e unha zona de aseos. 

Do mesmo xeito, construirase un porche de 1,50 metros de fondo ó longo de toda a fachada principal, onde se situará a porta de acceso ó local e dúas ventás. No resto das fachadas distribuiranse outros ocos de ventás con fin de conseguir unha boa iluminación e ventilación. Finalmente, a cuberta desenvolverase a dúas augas con tella cerámica curva e unha pendente do 30%.

“O Concello de Monforte” destaca o Alcalde, “segue a levar a cabo obras de mellora nas parroquias da cidade, e neste caso, dotando dunha importante infraestrutura mediante a cal os veciños e veciñas de Probeiros, na parroquia de A Parte, disporán dun novo local social no que desenvolver actividades formativas e de ocio e lecer. O compromiso que mantemos dende o Equipo de Goberno cos veciños do Concello de Monforte segue a ser firme, e apostamos por dotar de novos servizos e infraestruturas, neste caso, as parroquias do rural”.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...