HomesociedadeRibeira Sacra prepárase para conquistar Rusia

Ribeira Sacra prepárase para conquistar Rusia

Un grupo de importadores rusos visita a D.O. Ribeira Sacra para coñecer a viticultura e definir unha carteira de viños

Publicado o

- Advertisement -

A visita comezará ás 16.00 h. deste mércores día 1 na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra onde un grupo de tres importadores rusos do grupo SIMPLE catará 40 viños de diferentes adegas da Denominación. Completarase a xornada con visitas a viñedos e adegas das diferentes subzonas da D.O. Ribeira Sacra. O obxectivo é coñecer como se elaboran os viños da viticultura heroica e como a paisaxe define a personalidade do produto final, saberán tamén as adegas en disposición de exportar os seus viños ao mercado ruso. SIMPLE é o maior importador de viños de calidade en Rusia cunha facturación de máis de 140 millóns de euros anuais.

Desde o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra consideran que o interese do grupo SIMPLE nos viños desta Denominación servirá de estímulo para outros importadores e suporá un impulso máis ao crecente proceso de internacionalización dos viños da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...