HomesociedadeOs nenos do Courel volven a clase mentres se segue demandando un...

Os nenos do Courel volven a clase mentres se segue demandando un transporte escolar de calidade

Este xoves, os nenos voltaron ao colexio, pero os pais e nais avisan de que "isto é un punto e seguido," agardando coñecer as correccións que no prego de cláusulas realice a consellería.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores a Anpa do Courel, xunto co colectivo de taxistas do concello, volveuse manifestar en defensa dun transporte escolar de calidade. No exterior do edificio multiusos da Xunta en Lugo, a súa presidenta leu un manifesto e trala concentración mantiveron unha entrevista con Carmen Areán, do servizo de inspección provincial, Margarita Sánchez Cabarcos, servizo de recursos educativos complementarios, e Javier Arias Fouz, delegado provincial da Xunta en Lugo.

A consellería paralizou, polo momento, o proceso de licitación dos novos contratos co obxectivo de “enmendar os erros” que no texto orixinal había. As reivindicacións de asociación seguen a ser mantemento das seis rutas actuais, mantemento de transportes de 8-9 prazas adaptados ás características da orografía e permitir que taxistas locais poidan seguir prestando o servizo. 

Os nenos do Courel están a recibir o apoio de Anpas de toda Galicia, así como do mundo da arte e a cultura e outros sectores da sociedade. Tamén contan co apoio de STEG, CIG, CCOO, FETE-UXT, ANPE e CSIF. Na reunión da Xunta de Persoal que veñen de celebrar, móstranse contrarias aos cambios que se anunciaban nas últimas datas no servizo de transporte e amosaron a súa adhesión á concentración que se celebraba este mércores e comprométense a realizar un escrito apoiando a continuidade do servizo de transporte no Courel como reivindican os afectados.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...