Homesociedade93.000 euros para mellorar a estrada provincial de Bóveda que une Teilán...

93.000 euros para mellorar a estrada provincial de Bóveda que une Teilán con Paradela

A Deputación de Lugo inviste en Bóveda máis de 93.000€ para acondicionar a estrada provincial LU-P-0907, que comunica a parroquia de Teilán co concello de Paradela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar os traballos, que afectarán a máis de 3 quilómetros desta vía, entre os puntos quilométricos 0 e 3,2. Consistirán na reapertura de cunetas, en pavimentar con aglomerado en quente e realizar a correspondente sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas. O prazo de execución previsto é de 9 meses.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no Orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€.

José Tomé subliñou que con todas estas actuacións na rede viaria provincial, a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros, e tres veces superior á da Xunta en Lugo, a Deputación de Lugo segue traballando “nun dos nosos principais obxectivos, como é a mellora das comunicacións viarias, necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial”.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte incentiva o concurso de Maios e Coplas con 1.900 € en premios

O Concello de Monforte prepárase para a súa cita cunha das tradicións primaverais que...

Atopan o corpo do mozo desaparecido en kayak nos Peares

O cadáver foi detectado por un dron da Axencia Galega de Emerxencias (Axega). Tras o...

O obradoiro de emprego A Pinguela III impartirá módulos de carpintaría e albanelaría de urbanización

O obradoiro dual de emprego A Pinguela III creará 24 postos de traballo durante...

Quiroga e Paradela na campaña Toponomízate deste ano

Nesta edición da iniciativa divulgativa, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería...