HomesociedadeMáis de 2 millóns de euros para a redacción de proxectos de...

Máis de 2 millóns de euros para a redacción de proxectos de mellora do tramo Covas-Monforte

Adif adxudicou, por importe de 2.248.064,55 euros (IVA incluído), un contrato para a redacción de proxectos de mellora de infraestructura e vía no tramo Covas-Monforte de Lemos, pertencente á liña de ancho convencional León-A Coruña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O tramo, duns 85 km de lonxitude, forma parte do Corredor Atlántico ferroviario, no traxecto Vigo-Ourense-Monforte-León. O contrato, que conta cun prazo de ejecución de 24 meses, foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Eptisa Servizos de Enxeñaría, Fulcrum Planificación Análises e Proxectos, e Sers Consultores en Enxeñaría e Arquitectura. Comprende o estudo e posterior redacción de proxectos de mellora, en caso necesario, de desmontes, terraplenes, pontes, túneles e obras de drenaje, así como a renovación de elementos de vía do tramo Covas-Monforte.

Principais actuacións

Desmontes e terrapléns: analizaranse as deficiencias detectadas (deslizamentos, asentos, etc.) e proxectaranse as solucións para os puntos onde sexa necesario actuar.

Pontes: efectuarase a inspección de todas as pontes do tramo e proxectaranse as medidas de actuación necesarias.

Adif

Tuneis: analizaranse posibles deficiencias e proxectaranse as solucións necesarias. Ademais, realizaranse estudos de gálibo, analizándose posibles ampliacións de sección se fosen necesarias.

Drenaxes: análise da drenaxe lonxitudinal e transversal proxectando as actuacións necesarias para o correcto funcionamento do mesmo.

Renovación de vía en todo o tramo: renovación do balasto en mal estado e achega, nos casos necesarios, para sustitución de travesas; sustitución de travesas por travesas polivalentes; renovación de aparellos de vía, substitución de carril.

Obxectivos

O obxectivo final destas actuacións é modernizar e aumentar a capacidade e fiabilidade da rede ferroviaria de ancho convencional, para incrementar os tráficos tanto de pasaxeiros como de mercadorías, no marco do Corredor Atlántico, e mellorar a calidade do servizo. Adif licitou recentemente un contrato para a redacción de proxectos de mellora da infraestructura e vía do tramo seguinte en sentido León, Covas-A Granja, de 62 km de lonxitude.

Desde 2018, Adif e Adif Alta Velocidade realizaron en Lugo investimentos por importe de máis de 15,1 millóns de euros. A maior parte destes investimentos destináronse á mellora da conexión entre Monforte de Lemos e a capital da provincia, concretamente 7.407.000 euros. O resto dos investimentos orientáronse a actuacións diversas na infraestructura, a rede de ancho métrico, mellora das estacións, telecomunicaciones e enerxía e instalacións de seguridade.

ÚLTIMAS

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...