HomesociedadeAmpliación de vías para potenciar as mercadorías no tramo Monforte-León

Ampliación de vías para potenciar as mercadorías no tramo Monforte-León

Adif adxudicou a redacción dos proxectos de construción para a ampliación de vías de apartado en varias estacións do tramo León-Monforte de Lemos, na liña de ancho convencional León-A Coruña. Nun ano que a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, considera "o ano do ferrocarril en Lugo".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo, segundo explica Adif, é potenciar o tráfico de mercadorías no corredor León-Monforte-Porto de Vigo. O fin desta actuación é ampliar ata 750 metros unha das vías nas estacións co fin de que os trens de mercadorías da devandita lonxitude poidan quedar apartados nela, deixando libre a vía xeral, dado que a liña León-A Coruña está configurada en vía única.

As estacións incluídas no proxecto son as de Astorga, Brañuelas, Albares, Ponferrada, Quereño, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e A Pobra do Brollón (Lugo), nesta última suprimirase un paso a nivel.

As obras foron adxudicadas á empresa Técnica e Proxectos (TYPSA) por un importe de 738.794,54 euros. Para o desenvolvemento dos traballos previuse levar a cabo unha análise funcional previa, que confirmará as estacións seleccionadas e servirá de base para coordinar os traballos co resto dos subsistemas implicados (electrificación, control de tráfico e sinalización).

Ademais, atópanse en redacción de proxecto outras actuacións de ampliación en Vigo-Guixar, apartadero de As Gándaras, Tui, Filgueira, Barbantes, Os Peares e Monforte de Lemos. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destaca que “o Goberno cumpre con Lugo e 2021 será o ano da mellora do ferrocarril”. Neste sentido, remarca que Adif licitou obras por 206,6 millóns de euros na liña Lugo-Monforte-Ourense, mentres potencia esta semana o tráfico de mercadorías en Monforte.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...