HomeTerra de LemossanidadePositivos en ascenso en Sarria

Positivos en ascenso en Sarria

A páxina que ofrece datos do Coronavirus en Galicia informa hoxe de que a localidade alcanza os 122 casos positivos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta escalada que están sufrindo a maioría de concellos da zona sur de Lugo, o Concello de Sarria aparecía este sábado con 122 casos positivos, e informaba o venres 22 de xaneiro que efectuadas probas PCR a traballadores e residentes da Residencia de Anciáns A nosa Señora do Carmen atopáronse que 47 dos anciáns deron positivo.

“Por fortuna 45 deles son asintomáticos, así que en principio continúase co plan de vacinación e a segunda dose será posta en plazo”, concretaban de forma oficial dende o concello engadindo tamén que “tomáronse as medidas oportunas para garantir a seguridade de todos e todas, acordadas polos Servizos Sociais e Sanidade e o Concelleiro encargado, Benjamín Escontrela”.

No final da nota informativa tamén se lles trasladaba unha mensaxe de agradecemento a todas as traballadoras e traballadores do centro asistencial.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...