HomePolíticaAlcaldes do PP piden que a Xunta xestione as axudas da hostalería

Alcaldes do PP piden que a Xunta xestione as axudas da hostalería

Alcaldes do Partido Popular como o de Sober, Luis Fernández Quitián; Folgoso do Courel, Lola Castro; Triacastela, Olga Iglesias; e Chantada, Manuel Lorenzo; alzan a súa voz e piden que sexa a propia Xunta de Galicia a que xestione as axudas do segundo Plan de rescate do sector hostaleiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares defenden que o Goberno galego é a mellor administración que se pode encargar dos trámites, pois é a que dispón do maior número de medios e tamén de máis fondos económicos.

Este iniciativa para paliar os efectos da crise da covid-19 incorpora 75 millóns do Executivo galego e outros 5,5 millóns as Deputacións, á espera de concretarse a participación dos Concellos, pero algunha institución provincial como a lucense non coincide no importe e na xestión. 

Os rexedores municipais coinciden en destacar que “estamos no tempo de desconto”. “Son moitos os empresarios os afectados e queren, canto antes, axilidade e respostas uxentes. Sen lugar a dúbidas, manifestan, a Xunta de Galicia é a que ten a maior capacidade para elo”.

Así o demostrou, aseguran, na tramitación do primeiro Plan. Máis de 1.400 hostaleiros da provincia xa percibiron preto de 4,3 millóns de euros, no marco dalgunha das tres axudas contempladas no primeiro plan que puxo en marcha o Executivo de Feijóo. Dos 4.297.450 euros dedicados a responder ás solicitudes de toda a provincia, na capital investíronse 1.717.900 euros. Outros hostaleiros de concellos lucenses moi castigados pola pandemia, peches e restricións tamén obtiveron importantes prestacións. É o caso de Monforte de Lemos, cunha partida de máis de 366.000 euros repartida entre 209 axudas; Viveiro, cunha cantidade de 320.000 euros para responder ás 170 solicitudes; Sarria, con 78 axudas ás que se destinaron preto de 200.000 euros; e Vilalba, concello no que 154 beneficiarios percibiron algo máis de 267.000 euros para facer fronte ás pérdidas pola crise saniaria.

Postura individual dos alcaldes

O titular de Sober, Luis Fernández Quitián, manifesta que, “nestes momentos tan complicados, o que necesita o sector é axilidade na resolución de problemas. Por tanto, se o primeiro rescate funcionou ben parece absolutamente lóxico que a Xunta volva a ser quen xestiona estas axudas porque é que aporta con diferencia a maior cantidade e demostrou capacidade e medios no anterior plan”.

Lola Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel engade: “vexo inviable que queiran cargar aos Concellos coa tarefa de xestión do reparto dos fondos do Plan de rescate porque non temos medios suficientes. O mellor e que o faga a propia Xunta. Xa o fixo unha vez e, posto que é quen aporta a maioría das axudas, o lóxico é que ela xestione todo”.

A rexedora de Triacastela, Olga Iglesias, afirma con rotundidade que é a Xunta a que ten que xestionar este segundo fondo de rescate. “Xa fixo o primerio e é a única que ten a implantanción en todo o territorio e ten demostrado axilidade no pagamento de todo tipo de axudas, nas de rescate e de emerxencia, nas de produtores de vacún de carne, etc. Non creo, por tanto, nin que debamos de plantexarnos quen o ten que facer”, conclúe.

chantadino, Manuel Lorenzo Varela, pon en valor que sexa o Goberno autonómico o que lidere este fondo, xa que “é a que máis recursos económicos pon de todas as administracións -Xunta, Deputación e Concellos-. Que non nos veñan con máis traballos que non somos capaces de facer. Ademais, explica, estas axudas deben ir encauzadas a que sexan un fondo común e non a que haxa tres fondos distintos”.

ÚLTIMAS

XVII edición de “Estase Cocendo” en Monforte

Esta tarde presentábase en Monforte unha nova edición do "Estase Cocendo", unhas xornadas gastroturísticas...

Pantón acolle a primeira proba do Campionato de España de Enduro este 15 e 16 de marzo

No acto de presentación deste mércores estaban presentes na presentación do acto, Javier Quintas...

150 participantes na 2ª proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín que se celebra este 15 de marzo no Pavillón da Pinguela

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañada polo Director Deportivo da Federación Galega de...

‘As Alumnas’, obra de teatro para conmemorar o 8M en Monforte

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, e enmarcada na programación...