HomesociedadeNovo caso de covid na residencia de Sarria

Novo caso de covid na residencia de Sarria

O novo caso contrasta co dun usuario que se vén de 'negativizar' nesta mesma Residencia segundo datos actualizados.

Publicado o

- Advertisement -

O total de casos activos entre usuarios de residencias de maiores galegas diminúe este domingo a 435 ao compensarse os 16 novos positivos detectados coas 21 altas concedidas por negativizar nas probas da covid.

Diso informa a Consellería de Política Social este domingo, que cifra en 435 os casos activos nos xeriátricos, sete menos que no anterior balance. Os novos positivos corresponden a nove centros de maiores que xa contaban con casos activos entre os seus residentes.

O xeriático que máis positivos notifica é a DomusVi de Carballo, con 4; mentres que hai catro residencias que informan de dous novos casos entre os seus usuarios –Val do Dubra, DomusVi Laraxe de Cabanas, O Casón de Moeche e Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo--. Ademais, outros catro centros trasladan un novo positivo: residencia de Bande, As Angélicas de Vigo, Pai Rubinos da Coruña e Nosa Señora do Carme de Sarria.

Por contra, saen do cómputo por negativizar un total de 21 usuarios de residencias dunha decena de centros: DomusVi Vimianzo (5), DomusVi Carballo (6), DomusVi Ribeira (2), San José de Arzúa (1), San Bartolomeu de Xove (2), Nosa Señora do Carme de Sarria (1), Santa Teresa de Jornet da Coruña (1), Bande (2), Paz e Ben de Tui (1) e A Pastoriza (2).

Así mesmo, hai que descontar os dous falecementos de residentes en xeriátricos notificados polas autoridades sanitarias na noite do sábado. Trátase dun home de 79 anos que procedía da Quercus de Leiro e unha muller de 89 da residencia de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...