Homesociedade"Namórate da Hostalería" en Sarria

“Namórate da Hostalería” en Sarria

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenvolve desde este xoves, 4 de febreiro, ata o día dos namorados, a campaña promocional "Namórate da Hostalaría".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realicen algunha compra no período da promoción, poderán gañar unha cea romántica para dúas persoas. Sortéanse catro ceas para dúas persoas en establecementos de hostalaría asociados (Cafetería El Parisien, Hotel Alfonso IX, Restaurante O´Descanso e Restaurante Roma).  

As persoas gañadoras das ceas sorteadas terán todo o ano 2021 para escoller o día no que gozar do premio, debido as condicións especiais coas que nos atopamos este ano. O sorteo para facer públicos os nomes das persoas premiadas, será o mércores 17 de febreiro ás 14:00 horas. 

“Namórate da Hostalaría” é unha campaña coa que o CCU de Sarria quere mostrar o apoio á hostalaría, un sector paralizado case na súa totalidade nestes momentos. Ao mesmo tempo quérese incentivar aos cidadáns para que fagan as súas compras no pequeno comercio. 

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...