HomesociedadeGran baixada de casos na residencia de Sarria tras 25 altas de...

Gran baixada de casos na residencia de Sarria tras 25 altas de usuarios

Con todo, continúa con 45 anciáns contaxiados.

Publicado o

- Advertisement -

Os usuarios de residencias con Covid-19 volveron a descender e sitúanse en 370 en Galicia, tras rexistrarse máis dunha trintena de altas, unha ducia de positivos e varios falecidos. Mentres, os traballadores contaxiados caen a 188, ao contabilizarse 14 altas e seis positivos.

Entre as altas figuran 25 usuarios da residencia Nosa Señora do Carme de Sarria; catro da DomusVi Carballo; un do Pai Rubinos da Coruña; outro da DomusVi Vimianzo; outro da residencia e apartamentos da Pastoriza; e outro da residencia de Vilardevós.

Deste xeito, entre os centros con máis usuarios con coronavirus na Comunidade galega inclúense a DomusVi Carballo, con 61 casos; Nosa Señora do Carme de Sarria, con 45; a DomusVi Laraxe, con 38; Quercus de Leiro, con 34; A miña Casa Ferrol, con 30; San Simón de Teo e Residencia de Bande, con 15 cada unha; Fogar Santa María de Verín, con 14; Sampedro II da Merca e A miña Casa de Pazos de Borbén, con 13 en cada caso; e Residencia Paz e Ben en Tui, con 11. A elas súmase outras 24 con menos dunha decena de casos cada unha.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...