HomesociedadeMellora do tramo ferroviario Monforte de Lemos-Lugo

Mellora do tramo ferroviario Monforte de Lemos-Lugo

Adif aprobou a licitación das obras de tratamento de plataformas e cruces entre plataformas en catro estacións do tramo Monforte de Lemos-Lugo, da liña convencional León-A Coruña, por un importe de 4.423.130,56 euros .

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos forman parte dos proxectos de modernización do tramo Monforte de Lemos-Lugo e permitirán mellorar a seguridade de circulacións e usuarios. Á súa vez servirán para adaptar os elementos obxecto deste contrato ás novas condicións de explotación que traerá consigo a electrificación a 25 kV do tramo Monforte de Lemos-Lugo.

O proxecto define as actuacións necesarias en plataformas, pasos inferiores e outras estruturas das estacións de Rubián, Oural, Sarria e Laxosa, todas elas na provincia de Lugo. O obxectivo é adecuar as estacións aos requirimentos técnicos e de interoperabilidade da normativa en vigor, en especial no relativo aos cruces de vías entre plataformas, mellorando as condicións de explotación da liña e potenciando a competitividade da rede ferroviaria galega.

A actuación na estación de Sarria inclúe, ademais, a execución dunha pasarela peonil sobre vías con dobre función: por unha banda, comunicación entre plataformas e, por outro, permeabilidade entre o núcleo urbano de Sarria e o barrio do Mazadoiro, contribuíndo por tanto á cohesión social e a integración da estación na súa contorna urbana. Estas accións contribúen á consecución de diferentes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODS 3 (Saúde e Benestar), ODS 9 (Industria, Innovación e Infraestrutura) e ODS 11 (Cidades e Comunidades Sostibles).

Melloras no traxecto Ourense-Monforte de Lemos-Lugo

As actuacións de mellora do tramo en servizo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, nas que se enmarca esta licitación, teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto, en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe. Os traballos previstos inclúen a modernización e adecuación das instalacións existentes, así como a electrificación a 25 kV en corrente alterna do corredor, adaptando a electrificación existente no tramo Ourense-Monforte de Lemos e dotando de catenaria e instalacións eléctricas ao tramo Monforte de Lemos-Lugo.

A primeira destas melloras, a variante da Pobra de San Xiao, entre Monforte de Lemos e Lugo, xa está en servizo desde abril de 2018. Entre os principais beneficios deste novo trazado, duns 7 quilómetros de lonxitude, destaca a supresión dos 14 pasos a nivel do anterior, co consecuente aumento da seguridade ferroviaria, viaria e peonil, así como o incremento da velocidade de paso dos trens ata o 160 km/ h.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...