HomePolíticaPara cando a pasarela para comunicar O Mazadoiro e Sarria?

Para cando a pasarela para comunicar O Mazadoiro e Sarria?

Esta infraestrutura é unha “demanda histórica” dos veciños e veciñas deste barrio da vila lucense, que levan anos reclamando esta construción para poder salvar a vía do tren que os separa do centro urbano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados nacionais do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo, Ana Prieto Nieto e Javier Cerqueiro González, presentaron no Congreso unha pregunta ao Goberno na que solicitan información sobre a prevista construción do paso elevado para peóns que comunicará o barrio do Mazadoiro co centro urbano de Sarria, salvando deste xeito a vía do tren e permitindo unha correcta comunicación para a veciñanza.

Os citados socialistas indican que se trata dunha “demanda histórica” da veciñanza deste barrio de Sarria, que leva anos reclamado esta construción. Esta infraestrutura tamén é solicitada pola agrupación socialista da vila e foi requerida por parte de diferentes gobernos municipais socialistas. Por todo elo, os deputados Prieto e Cerqueiro decidiron preguntar ao Goberno polo proxecto da pasarela. 

Para Prieto e Cerqueiro esta construción suporá “mellorar a seguridade dos residentes neste barrio da vila”, xa que “poderán salvar as vías da liña ferroviaria sen risco”.

O Mazadoiro é un barrio no que o peche da totalidade da parte frontal da estación de ferrocarril limita e dificulta o acceso dos veciños ao centro da vila. Os deputados citados queren coñecer o orzamento da obra e o calendario de licitación e previsión de execución, para que a curto prazo se inicie e remate a pasarela.

ÚLTIMAS

Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Taboada e Quiroga realizarán obradoiros contra a desinformación

O pasado venres, 5 de xuño, comezou no Salón de Actos do Pazo de...

O PP pon a Daveiga como exemplo de eficiencia e competitividade no rural

Os deputados populares coñeceron todo o proceso produtivo destas galletas, ademais de interesarse polo...

Pantón, O Saviñao e Sober comezan a IX edición do seu Obradoiro de Emprego

O Obradoiro imparte a formación de 'Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes'...

O enxeñeiro agrónomo ‘Cuqui Silva’ pregoará o VIII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Concello de Monforte anuncia que José Manuel Silva Rodríguez, coñecido como ‘Cuqui Silva’,...