HomeCulturaO Saviñao celebra un entroido dixital

O Saviñao celebra un entroido dixital

Os interesados poderán participar en tres categorías: Fotografía, Vídeo e Receitas. As creacións poden enviarse ata o 15 de febreiro, ás 20:00 horas, ao correo electrónico: concelleriadecultura@concellodosavinao.net

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello do Saviñao non quere deixar de celebrar o entroido e faro de modo dixital. Haberá tres categorías de concurso: Fotografía, Vídeo e Receitas. Na primeira, os interesados deberán enviar unha imaxe co seu disfrace individual ou de convivintes. Na segunda, a creación será de 1:30 minutos como máximo. Recoméndase que sexa o máis creativo posible e pode empregarse calquera aplicación. E, na terceira, a imaxe será dalgún doce típico destas datas: orellas, torradas, freixós, etc. 

Cada persoa poderá participar cun máximo de tres fotografías ou vídeos por categoría. O 16 de febreiro subiranse ao Facebook do Concello e o que máis Me gusta obteña ata o día 19, ás 14:00 horas, en cada categoría, obterá un vale de 50 euros para gastar no comercio local. Ademais, sortearanse tres vales de 30 euros para gastar tamén no comercio local entre todos os participantes.

A edil de Cultura, Beatriz Rois, anima aos veciños a participar, pois “son datas moi significativas e, ademais, tamén pode ser unha maneira de esquecernos da situación creada pola pandemia”. “Dende o Concello, indica, non queriamos deixar de honrar a Don Carnal, así que pensamos que facer este concurso dixital é a mellor forma de facelo, adaptándonos á realidade actual”.

ÚLTIMAS

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...