HomesociedadeMonforte licita o proxecto construtivo do Parque do barrio do Hospital

Monforte licita o proxecto construtivo do Parque do barrio do Hospital

O Concello dispón dun orzamento máximo de licitación de 555.934,16 euros e o prazo de execución da obra será de catro meses. O prazo para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 28 de febreiro de 2021. A mesa de contratación para a apertura das ofertas está previsto que se celebre o vindeiro luns 8 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este proxecto do novo parque público do barrio do Hospital para a cidade, fora dado a coñecer polo Alcalde monfortino a finais do mes de setembro de 2019, e estará ubicado na parcela que linda coa finca do Hospital Comarcal, coa rúa Corredoira, coa rúa Codesás e coa Ronda María Emilia Casas Baamonde.

O proxecto conta cunha axuda de 150.000 euros aportados pola Deputación de Lugo, sendo o resto do orzamento total aportado polo Concello monfortino (405.934,16 €).

Rexedor municipal destaca que “tras o inicio deste proceso de licitación, seguimos avanzando na consecución deste importante proxecto construtivo, un logro de enorme relevancia, que fará que a cidade de Monforte teña un novo parque público no Barrio do Hospital, e que suporá a posta en valor desta parte da cidade, aportando importantes servizos para os seus veciños”.

“Dotamos así a esta zona da cidade, que agora está chea de maleza, dunha nova infraestrutura pública que contará con varias zonas de céspede, un área de xogos infantís, paseos peonís lonxitudinais e transversais, elementos biosaudables de ximnasia para maiores e unha zona de estacionamento de aproximadamente 60 prazas, para vehículos motos, bicicletas así como prazas para minusválidos, que contribuirá a paliar o déficit de estacionamento que ten o Hospital Comarcal tanto para os veciños que van a consulta como os que van de visita” salientou o Alcalde.

Criterios de valoración e melloras

  • Prezo: 50 puntos.
  • Mellor calidade do alumeado dos viais: 25 puntos.
  • Ampliación do prazo de garantía: 10 puntos.
  • Maior superficie de pavimento de seguridade: 10 puntos.
  • Maior alumeado para a zona de xogos: 5 puntos.

O novo parque público vai incluír varias zonas de céspede, unha zona de xogos infantíspaseos peonís lonxitudinais e transversais, estará dotado de varios elementos biosaudables de ximnasia para maiores e finalmente contribuirá a paliar o déficit de estacionamento na zona do Hospital contando co aproximadamente 60 prazas de estacionamento para vehículos e tamén contará con estacionamentos para motos, para bicicletas e prazas para minusválidos.

superficie da parcela que albergará este parque será de aproximadamente 6.212 metros cadrados, unha extensión moi importante e que ven dar un servizo público do que carece esa zona da cidade.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...