HomeMovementos sociaisO Courel ameazado por un parque eólico

O Courel ameazado por un parque eólico

A Asociación 'A Volta Grande do Courel' oponse á construción do parque eólico das Barjas, no Bierzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo fai saber o colectivo ‘A Volta Grande do Courel’, un parque eólico de capital noruego pretende instalar 22 aeroxeneradores no Courel e montañas próximas, concretamente no Concello das Barjas, no Bierzo, e que contará con máis de 50 quilómetros de liña de evacuación de enerxía que “afectarán a 99 parroquias de 10 concellos sen nengún beneficio”, concretan.

Dende a asociación queren deixar claro que non discuten sobre a necesidade dun modelo enerxético máis limpo e renobable mais suliñan que “non aceptan que, coa complicidade da clase política, traten de vendernos que os megaproxectos eólicos son a solución á crise climática e unha oportunidade para o desenvolvemento das zonas rurais de montaña”.

A oposición ao parque eólico das Barjas vén dada polo impacto sobre o Courel. Segundo describen, as grandes pistas proxectadas no alto da Serra afectarán ás fontes, os ruídos das aspas afectarán á poboación das aldeas, e resultarán prexudicados tamén a fauna e flora, a paisaxe, e o Camiño de Santiago no seu acceso a Galicia. “Se non o evitamos, será un impacto sen volta atrás nunha paisaxe protexida de valor natural e xeolóxico único en Europa”, comentan.

Para rematar mandan unha mensaxe de unión e oposición a esta ameaza, á veciñanza, aos visitantes e ás asociacións. E tamén esixen aos Gobernos de Noruega e de España, así como ás Xuntas de Galicia e de Castela e León que “paralicen de inmediato este atentado contra o Courel e o Bierzo”.

O manifesto “Courel Livre de Eólicos” pode verse no seu perfil de Facebook.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...