HomesociedadeO Praza de Abastos de Monforte volve ter peixaría

O Praza de Abastos de Monforte volve ter peixaría

O concello de Monforte adxudica o posto de peixaría da Praza de Abastos á empresa Da Lonxa ao Prato, S.L., con sede en Santa Uxía de Ribeira e que ten como actividade a venda de peixe, marisco e produtos elaborados procedentes da pesca artesanal da frota de baixura galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa que xestionará a peixaría colocarase no posto nº 9 da Praza de Abastos. A adxudicataria, que acondicionará o posto, ofrecerá: exposición e venda ao público de produtos procedentes da pesca artesanal da frota de baixura dos mares e costas de Galicia. O cliente incluso pode coñecer o nome da embarcación que capturou o produto que merque. Exposición e venda de crustáceos vivos mediante a instalación, no citado local, dun viveiro expositor en circuíto pechado. Exposición e venda de produtos delicatessen. Atención personalizada. Venda de peixes e mariscos a través de plataforma on-line. Reparto a domicilio de produtos frescos e precociñados coa axuda dun vehículo isotermo acondicionado e autorizado. Visitas guiadas de turismo mariñeiro a bancos de produción de marisco en colaboración coa Confraría de Pescadores de A Pobra do Caramiñal. Obradoiros de cociña para nenos e adultos e xornadas gastronómicas para a elaboración dos produtos.

O Alcalde subliñou que “con esta adxudicación á empresa Da Lonxa ao Prato, S.L., a Praza de Abastos de Monforte volverá a ter un posto de venta de peixe e marisco frescos así como produtos delicatessen do mar, ampliando así a variedade de servizos e produtos que ofrecemos dende este mercado de abastos ós monfortinos e monfortinas”.

Trala adxudicación, a empresa está levando a cabo nestes días os correspondentes trámites administrativos co Concello monfortino para formalizar o contrato de uso do posto número 9 da Praza de Abastos.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...