HomesociedadeExposición dos viños das Feiras do Viño de Quiroga

Exposición dos viños das Feiras do Viño de Quiroga

Máis de medio milleiro de botellas de todos os colleiteiros e de todas as edicións da Feira do Viño que ten gardadas nas instalacións do Museo Etnográfico o concello, formarán parte durante a Semana Santa dunha exposición que se complementará ademais cos carteis anunciadores de cada unha das edicións celebradas, 38 en total.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova edición que se celebre da Feira do Viño marcará un antes e un despois neste evento festivo, posto que como xa se decidiu o pasado ano, a partir de agora estará aberta non só a pequenos viticultores, se non tamén ás adegas industriais da subzona Quiroga-Bibei. Por primeira vez xuntaranse na Feira do Viño de Quiroga, os caldos elaborados de maneira tradicional cos elaborados de forma industrial.

Esta é a base para que este ano sexa unha homenaxe a todos os adegueiros artesanais que pasaron por esta feira. A exposición cos carteis e as botellas que acudiron a estes certames e a publicación dunha revista conmemorativa serán algunhas das actividades que se levarán a cabo durante a Semana Santa. Tamén se contará coa colaboración dos máis pequenos a través dos seus debuxos coa convocatoria dun concurso infantil de debuxo sobre a Feira.

Esta serán algunhas das actividades que os organizadores da feira levarán a cabo nas datas nas que se tería que celebrar unha nova edición (3 e 4 de abril) pero que unha vez máis as condicións sanitarias poden modificar. De poder levarse a cabo os organizadores teñen o 24 e 25 de xullo como data escollida para celebrar a Feira do Viño de Quiroga.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...