HomeComarca de QuirogaQuirogaUn novo campo de traballo en Quiroga para poñer en valor o...

Un novo campo de traballo en Quiroga para poñer en valor o Castro de Penadominga

Un novo campo de traballo seguirá poñendo en valor o Castro de Penadominga. Esa é a intención do Concello de Quiroga que traballa nun proxecto que xa enviou á Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado verán o campo de traballo comezou cun plan de acondicionamento encamiñado a que este lugar da serra de Bendollo se puidese visitar formando parte do conxunto de recursos culturais e turísticos do municipio e do Xeoparque Montañas do Courel. Os primeiro traballos consistiron no seu acondicionamento coa limpeza de maleza do castro.

O proxecto deste ano, no que podería participar o campo de traballo arqueolóxico entre o 25 de agosto e o 5 de setembro, contempla a sinalización do acceso e a colocación dun panel explicativo no propio castro. Tamén se vai abrir un camiño que permita chegar ata alí e facer unha ruta circular, aproveitando un antigo camiño que unía Bendollo con Vilar de Mondelo

Trabállase na posibilidade de que o deste ano sexa un campo de voluntariado nacional. En anos anteriores, os campos de traballo en Quiroga foron de ámbito internacional, agás o do pasado ano que se centrou na comunidade, motivado pola pandemia sanitaria.

Nos últimos anos os campos de traballo de Quiroga acondicionaron diversos lugares de interese histórico e cultural do municipio, como unha ruta de sendeirismo, un tramo do Camiño de Inverno, o castelo dos Novaes, unha alvariza en Bustelo de Fisteus e o acceso á fervenza do Pombar.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...