HomesociedadeRetrasos e desigualdades na campaña da Xunta para a vacinación de profesionais?

Retrasos e desigualdades na campaña da Xunta para a vacinación de profesionais?

Novas denuncias de “retrasos” á campaña de vacinación da Xunta. Pouco despois de que unha fronte sindical acusara á Consellería de Sanidade de estar a “saltar” a parte do corpo de profesores, a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de criticar a orde que a administración está a seguir na administración das vacinas contra a covid-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo destacan dende a federación, a campaña de inmunización da Consellería de Sanidade estaría a incorrer en “retrasos e desigualdades” na distribución das vacinas; en particular no que atinxe aos equipos dos centros de atención ao dano cerebral. Segundo destacan, varios dos equipos profesionais “non foron nin citados para recibir a súa primeira dose”, unha circunstancia que, a ollos da Federación, “redunda nun perigo para as persoas que teñen dano cerebral e son atendidas nos centros”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...