HomesociedadePublícanse as Guías de ordenación produtiva para oito Aldeas Modelo de Lugo...

Publícanse as Guías de ordenación produtiva para oito Aldeas Modelo de Lugo e Ourense

No caso da aldea modelo de Moreda, no concello de Folgoso do Courel, apóstase principalmente polo aproveitamento gandeiro en extensivo coa apicultura como actividade complementaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se someten a información pública os borradores de guías de ordenación produtiva de oito aldeas modelo situadas nas provincias de Lugo e de Ourense. En concreto, das aldeas de Moreda (Folgoso do Courel), Xacebáns (Quintela de Leirado), Infesta (Monterrei), Muimenta (Carballeda de Avia), Penedo (Boborás), Trelle (Toén), Reboredo (O Pereiro de Aguiar) e Meixide (A Veiga).

Estas guías de ordenación produtiva configúranse como un documento técnico no que se delimitan os usos produtivos máis idóneos para a explotación das parcelas incluídas nestas aldeas modelo, dende os puntos de vista económico, técnico, social e ambiental. Nesa liña, contémplanse unha serie de usos preferentes e outros secundarios. Así mesmo, indícanse os prazos e prezos establecidos para os grupos de cultivos e aproveitamentos, así como a descrición das actuacións a levar a cabo para a súa posta en produción.

Así, no caso da aldea modelo de Moreda, no concello lucense de Folgoso do Courel, apóstase principalmente polo aproveitamento gandeiro en extensivo coa apicultura como actividade complementaria, sen desbotar, como orientación secundaria, o cultivo do castiñeiro e da oliveira, en zonas moi determinadas sen masas de frondosas consolidadas. 

Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas oito aldeas modelos deben ter conta que estes borradores de guías de ordenación produtiva se someten a información pública polo prazo dun mes a contar dende mañá, tempo durante o que poderán realizar as achegas e alegacións que consideren oportunas. Estas guías poden consultarse tanto nos taboleiros de anuncios dos concellos nos que se sitúen as aldeas modelo como na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) (https://agader.xunta.gal/gl/banco-de-terras/aldeas-modelo/). De xeito presencial, os interesados en obter toda a información poderán achegarse ás dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9,00 ás 14,00 horas, logo de solicitar cita previa no número de teléfono 881 997 193.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...