HomeCulturaUn cento de artistas nas montañas do Courel

Un cento de artistas nas montañas do Courel

Entre o 22 e o 26 de agosto celebrarase a IV edición do Festival dos Eidos, unha proposta internacional e multidisciplilnar que inclúe poesía, música, teatro, danza e dj´s. 

Publicado o

- Advertisement -

As aldeas de Paderne, Seoane, Moreda e Parada serán os principais escenarios desta IV edición que contará con máis de 70 actividades e preto de 100 artistas:

As poetas Olga Novo, Tálata Rodríguez, Teresa Moure, Olalla Cociña, Xiana Arias, Celia Parra, Nieves Neira, Genaro da Silva, Marco Paone, Paul Casey, Ciaran MacArtain, Michael O Callaghan, Sue Cosgrave, Katy DArcy, Rosy OReagan e Julie Goo entre outras.

A música correrá por conta de Baiuca, Pelomono, proxecto spin-off de Guadalupe Plata, Atrás Tigre, Marco Foxo, Sumrrá e Anier. As veladas de cada noite pecharase con DJ´s como Tristón e Sergio Canay.

No teatro estarán os portugueses Teatro da Madeirae o Teatro de Obxectos de Fantoches Baj. Na danza participa a referencia mundial Hisako Horikawa e completarase a programación con programa de audiovisuais e unha selección de videpoemas.

Visitas guiadas á Fundación Novoneyra ou ao Souto do Rubial para o avistamento de paxaros, conferencias de carácter literario e cultural e degustacións de produtos son outros dos ingredientes deste Festival.

Presentación Festival dos Eidos / Deputación Provincial

Recoñecementos

En abril de 2017 o Festival dos Eidos acadou o Galardón EFFE (Europe for Festival Festivals for Europe) que concede a Asociación Europea de Festivais aos eventos que representan boas prácticas no eido da creatividade, o social e o ambiental. O Festival tamén foi nomeado “Boa Práctica Europea” por parte da Axencia Europea de Educación e Cultura (AECEA), que xestiona os fondos Erasmus+ i Europa Creativa.

O Festival dos Eidos está organizado pola Fundación Uxío Novoneyra e conta co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo.

 

 

 

 

 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...