Homesociedade"Lembranzas" da Feira do Viño de Quiroga

“Lembranzas” da Feira do Viño de Quiroga

“Lembranzas” serán os días 3 e 4 de abril para Quiroga. Unhas datas adicadas á Feira do Viño que este ano non poderá celebrarse en Semana Santa, fixándose o 24 e 25 de xullo para a celebración, se as condicións sanitarias o permiten.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nestes días de lembranza non faltarán actividades que recorden a festa máis importante dos quirogueses. Contarase con dúas exposicións, unha delas homenaxe aos adegueiros que pasaron polas feiras do viño de Quiroga. Baixo o nome de 40 anos da Feira do Viño de Quiroga poderase ver unha importante colección de botellas dos viños que acudiron a estes certames e os carteis anunciadores de cada edición.

A outra exposición que se poderá ver, nesta ocasión na sala de exposicións da Casa da Cultura, é “O fin do Camiño”. Dez grandes paneis que reflicten a visión humana e monumental dos camiños a Compostela.

O sábado, día 3 de abril, o grupo de gaitas local O Recanto fará unha alborada ás doce e media do mediodía e pola tarde, a partir das seis, a charanga BB+ recorrerá as rúas da vila. O domingo, día 4, a unha da tarde  farase entrega dos premios do concurso de debuxo infantil “Feira do Viño”. Nesta xornada tampouco faltará a música. A unha e media da Banda de Música Val Miñor dará un concerto diante do concello, previamente fará unha alborada. A partir das seis da tarde, o grupo Troula Animación, presenta o seu espectáculo de animación de rúa, “O estraño caso do dentista da rúa Brasov”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...