HomePolítica"A Xunta recoñece que a licitación no transporte escolar do Courel era...

“A Xunta recoñece que a licitación no transporte escolar do Courel era unha chapuza”, asegura Courel Vivo

Con data de 05-03-2021, a Xunta de Galicia vén de anunciar que desiste da licitación que englobaba a 424 centros de ensino públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este anuncio da Xunta leva a Courel Vivo a asegurar que “a constante presión da ANPA, reclamación e presión da xente, repercusión publica, decenas de reclamacións a valedores, Comisión de Peticións Europea, á mesma Consellaría, funcionan.” E que  a unidade,”aínda que fose a medias, sempre serve para conseguir ó xusto.”

Segundo Courel Vivo, a Xunta de Galicia “recoñece que era unha chapuza e que a xente se deu conta, polo que a clara intención de beneficiar a unha gran empresa, desta vez non colou.”

Courel Vivo

Agardan que a nova licitación sexa consensuada en cada zona, polo ben dos escolares e para que conserven un transporte de calidade. Lembran que un plan de 177 millóns de euros, “costa diñeiro público deseñalo e cando liciten novamente, volveán a gastar diñeiro público como se nada.” Por iso, desde CV consideran que debería haber dimisións no círculo da Consellería, “non pode ser que se “prevarique” cando sacan unha licitación que saben que non cumpre a lei, que se alteren tempos e se beneficie a grandes empresas, intencionadamente.”

Courel Vivo agradece a todas as persoas que fixeron desta a súa a causa, asociacións e grupos políticos que apoiaron a loita do transporte do Courel. 

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...