HomesociedadeMellora de tres estradas provincias que unen Paradela con Currelos

Mellora de tres estradas provincias que unen Paradela con Currelos

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar a adxudicación por máis de 455.000€ das obras de mellora e renovación do firme de tres estradas provinciais que conectan o concello de Paradela co núcleo de Currelos, no municipio do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto contempla obras en máis de 12 quilómetros das estradas LU-P-4201, LU-P-4205 e LU-P-5818. No caso da LU-P-4201, que une Pacios con Mosteirovello, arranxarase en tres treitos, que suman un total de case 2,5 quilómetros: o primeiro tramo vai dende o punto quilométrico 0 ata o 1,235; o segundo, dende o 1,405 ao 1,810; e o terceiro, do 3,435 ó 4,200. Esta é unha estrada que vertebra parte do municipio, dando servizo a unha zona importante da poboación de Paradela.

Na LU-P-4205, que une os núcleos de Aldosende e Foilebar, pasando por Feasita, mellorarase un treito da vía de máis de 3 quilómetros e medio, dende o punto quilométrico 2,331 ao 5,924. 

A terceira vía que se vai arranxar en Paradela é a  LU-P-5818. Os traballos acometeranse dende a intersección coa estrada provincial LU-P-4202 ata o núcleo de Vila. Esta estrada dá servizo a moitas parroquias e núcleos que concentran bastante poboación como son Valmigallo, Vilacaíz, Carballós e O Amedo. Con estas obras, a Deputación completa o acondicionamento das conexións entre Paradela e Currelos, logo de que a institución provincial actuara recentemente no tramo que une Escairón e Currelos.

O Presidente subliña que “seguimos demostrando que unha da prioridades deste Goberno é a mellora das comunicacións. Cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os servizos. Ademais, a obra pública tamén é importante para incentivar a actividade económica e axudar a manter ou crear emprego”, subliña o Presidente.

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...