HomesociedadeAs demandas do PP sobre as estradas provincias lévano ata Láncara

As demandas do PP sobre as estradas provincias lévano ata Láncara

O PP insta ao goberno da Deputación a atender as demandas dos veciños de Láncara e mellorar a estrada provincial LU-P 2702 entre Santalla e Busto, que ten numerosas deficiencias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo provincial do PP segue poñendo de manifesto as deficiencias das estradas que dependen da Deputación, neste caso no concello de Láncara, concretamente a estrada provincial LU-P 2702, onte “os oito quilómetros que van dende Santalla a Busto están en mal estado, e en Santalla de Lagos é preciso canalizar augas que corren pola calzada”, aseguran.

O viceportavoz provincial do PP, José Antonio García explica: “O grupo municipal do PP xa levou a pleno esta estrada. Unha vez no ano  2017, mediante unha pregunta, na que se pedía ao goberno municipal explicación de por que hai un vertido de auga directamente a estrada. Naquel momento, o  alcalde tirou de ironía e dixo que a auga corre para abaixo; evidentemente que o fai, pero queremos que o faga polas cunetas e non pola calzada directamente, porque acaba causando danos. Non se fixo ningún caso. Ao pleno de xaneiro de 2020 o portavoz municipal do PP levou un rogo, pedindo o arranxo desta estrada e tampouco se fixo caso”. 

García sinala: “Os veciños están totalmente enfadados. Comunicaron  este problema ao alcalde e estráñanos que o deputado provincial socialista Pablo Rivera, que ten constancia do mal estado desta estrada, non faga nada e se poña de perfil”.

O mesmo representante do PP di: “Láncara apenas ten 38 quilómetros de estradas provinciais, dos cales oito están en mal estado. Entendemos que o propio  deputado provincial socialista, o señor Rivera, e o alcalde deberían instar ao goberno provincial a arranxar esta vía, como piden os veciños, pero prefiren mirar a outras administración,  queixarse doutras administracións.  Neste caso, as estradas autonómicas de Láncara están en bo estado; a que peor está no municipio é esta provincial que vai dende Santalla a Busto, e que os gobernos municipal e provincial non fan nada para arranxala, como piden os veciños”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...