HomeEconomíaAdif licita as obras para a rehabilitación do cable de enerxía no...

Adif licita as obras para a rehabilitación do cable de enerxía no tramo Covas-Monforte

As obras custarán case tres millóns de euros.

Publicado o

- Advertisement -

Adif licitou, por importe de 2.952.624,67 euros (IVE incluído), o contrato para a rehabilitación do cable de enerxía de 2.200 V no tramo Covas-Monforte de Lemos, pertencente á liña de ancho convencional León-A Coruña.

Segundo informou Adif nun comunicado, o tramo Covas-Monforte de Lemos, duns 85 quilómetro de lonxitude, forma parte do Corredor Atlántico ferroviario, no traxecto Vigo-Ourense-Monforte de Lemos-León.

“Este tramo dispón actualmente dun sistema de alimentación de 2.200 V que proporciona enerxía ás instalacións de sinalización ao longo de toda a liña”, explica. O obxectivo final deste investimento, que conta cun prazo de execución de 12 meses, “é modernizar e mellorar a fiabilidade do sistema de enerxía que alimenta as instalacións de seguridade que controlan o tráfico ferroviario, permitindo así aumentar a calidade do servizo”, subliña Adif.

As principais actuacións deste contrato céntranse na substitución do actual cable de enerxía de 2.200 V destinado ao sistema de alimentación eléctrico para as instalacións de control, mando e sinalización; cambio dos armarios transformadores instalados ao longo da liña e retirada do cable de enerxía que queda fóra de servizo.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...