HomeEconomía25.000 euros en premios na VII edición do Concurso de Proxectos Empresariais...

25.000 euros en premios na VII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Cando no 2014 a Lotaría do Neno caeu en Monforte, un grupo de voluntarios e agraciados co premio crearon o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Monforte. Desde aquela incorporáronse á iniciativa adminitracións, institucións e empresas que apoian o impulso de proxectos empresariais e agora co nome de Semente Ribeira Sacra afrontan a VII edición deste concurso que leva entregado máis de 100.000 euros para axudar a materializar ideas innovadoras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra foi a “semente” nos últimos 6 anos de iniciativas de emprendemento que se viron materializadas grazas á aportación económica que lles supuxo ser finalistas do certame. Incentivar proxectos empresariais, o obxectivo do certamen, nestes tempos de pandemia, segue sendo o mesmo, pero para esta VII edición a organización decide incrementar a contía dos premios. 

Búscanse proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Terán preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.

Do 1 de Abril ao 30 de Xuño está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. 15 de Xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

estrutura da presentación da idea debe contar con:

  • Título do proxecto (20 palabras para resumir de que trata a iniciativa)
  • Descrición xeral (300 palabras para describir do modo máis eficaz en que consiste a iniciativa)
  • Oportunidade do proxecto (150 palabras para responder á pregunta “¿por que debería investir no proxecto?” Neste apartado é necesario ter clara cal é a necesidade que cobre o produto ou servizo.
  • Puntos fortes do proxecto (150 palabras que conteñan a información DAFO)
  • Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras para explicar as fases, prazos e outros compoñentes de tipo temporal para a formulación e implantación do proxecto).

As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de Setembro do 2021, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org. 

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto (presencial ou telemáticamente segundo as posibilidades de desprazamento pola situación da COVID-19).

fallo do xurado darase a coñecer o día 16 de Outubro do 2.021, sempre que as circunstancias o permitan. 

A situación de pandemia na que nos atopamos impúlsanos a aumentar a colaboración e increméntase a dotación dos premios que nesta VII edición son os seguintes:

  • 1º Premio – 12.000 €
  • 2º Premio –   8.000 €

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...