HomeMedio ambiente e PatrimonioDenuncian artiluxios anti-cegoñas en Chantada

Denuncian artiluxios anti-cegoñas en Chantada

As asociacións ecoloxistas Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción censaron o pasado ano un total de 46 niños de cegoña branca no concello Chantada. Estando un 78% deles sobre torres do tendido eléctrico que rodean Chantada, e un 1% sobre tellados de vivendas do centro urbano da vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo estas organizacións xa durante a realización do censo de 2020 detectáronse diversos artiluxios nos tellados para evitar nidificacións desta especie protexida. Comenzado o Censo deste ano 2021, xa na primeira visita os ecoloxistas constataron o incremento dos “artiluxios anti-cegoñas” non homologados de construcción caseira, moi perigosos a simple vista, e sinalan que incluso algún poderia estar electrificado.

Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción alertan que este tipo de artiluxios anti-cegoñas carecen de homologación e poden resultar lesivos e mesmos mortais para as cegoñas brancas e outras aves. 

Artiluxio anti-cegoñas / Ecoloxistas en acción

Este colectivos denunciaron ante as autoridades, a proliferación deste tipo de perigosos artefactos e a desaparición dalgún dos niños localizados na pasada tempada, feitos que descubriron co inicio do novo censo da especie para 2021. Destacan que este tipo de artefactos son ilegais e a súa colocación e retirada de niños sen permiso das atoridades poden ser constitutivos de delito e polo tanto instan ás autoridades a intervir. 

As organizacións ecoloxistas apelan á sociedade chantadina, ao concello de Chantada e ao resto de autoridades a avogar pola convivencia pacífica coas cegoñas e a aportar axuda especializada no caso de ter problemas graves con algún dos niños. Ambas organizacións póñense á disposición de quen o precise “para conseguir que a convivencia das cegoñas co ser humano non resulte letal para as aves nin molesta para ninguén.”

Así dende o ecoloxismo agardan que a presente tempada de reprodución acade o éxito da enterior “cando 112 polos de cegoña voaron con éxito dende os niños desta especie situados na zona, cunhan niñadas de entre 4 e 5  polos por niño, feito que indica a riqueza do hábitat que circunda a vila.

Escribes na noticia un shortcode (cos corchetes) Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...