HomeCulturaLembranza-Homenaxe á Feira de Antigüidades e Restauración ‘San Lázaro’ de Sarria

Lembranza-Homenaxe á Feira de Antigüidades e Restauración ‘San Lázaro’ de Sarria

A mostra, que tiña que terse realizado estes días, foi suspendida. Para reivindicar a importancia do evento e do sector as anticuarias de Sarria desenvolveron varias accións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A pandemia volveu impedir, un ano máis, a celebración da tradicional ‘Feira de San Lázaro de Antigüidades e Restauración de Sarria’. Para lembrar a importancia desta celebración e do sector, as anticuarias, en colaboración co Concello de Sarria, repartiron folletos promocionais deseñados por Eva Pombo nos que tamén animan a visitar as tendas de antigüidades.

Dende a páxina do Facebook do Concello de Sarria convidaron á veciñanza a sumarse á merecida homenaxe e recoñecemento das anticuarias sarriás a través dun vídeo realizado polo xornal El Progreso, e tamén a ler un interesante artigo do sarriao Xaime Félix López Arias.

O artigo devandito, “Unha rúa chamada do porvir que apostou polas antigüidades”, empeza así: “Todo comezou darredor do interese dun marchante catalán por adquirir pezas antigas e o coñecemento de que nun alpendre da Casa Novoa, na rúa Conde de Lemos, se gardaba a tapa granítica dun sartego de cabaleiro con espada…”

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...