HomesociedadeMonforte renova os votos coa Virxe de Montserrat

Monforte renova os votos coa Virxe de Montserrat

Como é tradición, no Martes de Pascua, festivo local en Monforte, volvéronse a celebrar os actos das honras á Virxe de Montserrat.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A comitiva institucional, encabezada polo Alcalde, José Tomé Roca, así como diversos membros da Corporación municipal e representantes dos distintos corpos e forzas de seguridade do Estado, partiu da Casa do Concello para asistir, ás 11 horas, á misa na honra da Virxe de Montserrat, na Igrexa da Régoa. A Igrexa de San Vicente, lugar que tradicionalmente acolle estes actos litúrxicos, segue pechada debido ás obras de restauración que nela se están a levar a cabo.

Tras a celebración eucarística, tal e como marca a tradición, o Alcalde de Monforte renovou os votos coa Virxe e procedeuse á bendición dos campos. “Dende o Equipo de Goberno do Concello, comprometémonos, ante a crise do coronavirus, a manter esta importante tradición dos monfortinos e monfortinas na honra á nosa Patroa, a Virxe de Montserrat, e deste xeito, dado que a actual situación nos permitiu a súa celebración no propio Martes de Pascua, recuperamos unha tradición que o ano pasado vímonos obrigados a ter que aprazar”, manifestou o Alcalde.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...