HomesociedadeGarantido o transporte escolar para os alumnos do CPI de Láncara depois...

Garantido o transporte escolar para os alumnos do CPI de Láncara depois do corte da ponte de Valdriz

As obras que a Xunta desenvolve na ponte de Valdriz, no municipio de Láncara, fixeron necesario na segunda fase, o peche ao tráfico neste treito da LU-621. Ante este corte que se prevé se prolongue por catro meses, a Xefatura Territorial de Infraestruturas e Mobilidade comezou a pasada semana a estudar varias rutas alternativas para garantir o servizo de transporte escolar dos alumnos do CPI Ramón Piñeiro, de Láncara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O corte da ponte afecta a dúas rutas, que manterán as mesmas paradas pero que tamén circularán por outras vías o que implicará un incremento do tempo da viaxe entre 5 e 15 minutos. En calquera caso, o transporte escolar quedará garantido para os usuarios, que só se verán afectados por mínimos cambios de horario. 

Desde a Xefatura Territorial informouse destas variacións para que o propio CIP Ramón Piñeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade comunique aos pais e nais dos estudantes os novos horarios, tanto no propio centro como a través da plataforma Abalar. 

O degado da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinalou que “desde a Xunta somos conscientes das molestias que suporá o corte desta ponte durante os catro meses que durarán as obras, pero destacou que esta actuación suporá maior seguridade para o tráfico rodado nesta zona, grazas ao ensanche da ponte, á construción dunha rotonda que xestionará a circulación da LU-621, e á breve rectificación do trazado para que a entrada á ponte sexa tamén máis segura. Igualmente, o proxecto contempla a creación dunha senda peonil desde o último tramo de beirarrúas da Pobra de San Xillao ata a nova rotonda de acceso a Valdriz que se vai construír.”

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...