HomeDeportesO Quixós, xa en Cataluña e listo para competir

O Quixós, xa en Cataluña e listo para competir

A expedición deportiva chegou este venres tarde a Balaguer, onde está aloxada, esperando ao sábado e ao domingo para participar en dúas competicións a nivel nacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O club de piragüismo monfortino participa esta fin de semana, do 10 e 11 de abril, na Copa de España de descenso nas modalidades de esprint e clásica, e no Campionato Nacional de patrullas. As competicións terán lugar nas localidades catalanas de Ponts e Camarasa.

A expedición de piragüistas está conformada por: Santi Díaz, Noa Díaz, Efrén Álvarez, Nico Díaz, Ximena Prats, Claudio Fernández, Yasmín Díaz, Gabriel Rodríguez, Iván Gutiérrez, Carlos Serafín e Antonio Vázquez.

Falamos con Santi Díaz, o director deportivo do Club Quixós, quen nos explica que chegaron a Balaguer ás 16:00 h. tras unha longa viaxe sen incidentes e que pouco despois tiveron xa o primeiro adestramento. Foi no Río Segre para coñecer o percorrido da clásica que terá lugar o domingo en Camarasa.

Mañá sábado pola mañá farán o percorrido da modalidade de esprint en Pons. A distancia é de 400 a 600 metros pola canle de augas bravas onde terá lugar a competición —Copa de España— a partir das 15:00 h. Serán dúas mangas e puntúa a mellor das dúas baixadas. Este mesmo día terá lugar a competición de patrullas —Campionato de España–. Nesta modalidade, o Quixós compite con dúas patrullas. Unha composta por Nico, Gabriel e Carlos e outra por Claudio, Iván e Santi Díaz.

E xa o domingo terán lugar en Camarasa, no Río Segre, a Clásica e clasificación final de Clubes.

“Será o primeiro campionato nacional de descenso dende setembro de 2019 e xa había ganas”, dinos Santi, o director deportivo. Preguntámoslle polas posibilidades de medallas e dinos que teñen opcións Efrén, Gabriel, Claudio, Ximena, Noa e Carlos Serafín.

Carlos Serafín Moutiño en acción. Foto: C. Quixós

Para rematar, Santi dinos tamén que agradecen a colaboración de varios postos da Praza de Abastos aportando alimentos para a expedición, como a Polería Rogelio e a froitería Terras de María Castaña.

ÚLTIMAS

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...