Homesociedade"Saber ser, saber vivir", conferencia de Fernández Pulpeiro no IES A Pinguela

“Saber ser, saber vivir”, conferencia de Fernández Pulpeiro no IES A Pinguela

Juan Carlos Fernández Pulpeiro é xornalista e membro fundador da Asociación Galega para Técnicos de Protocolo e Relacións Públicas e Institucionais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Juan Carlos Fernández Pulpeiro, que foi xefe de protocolo da Deputación de Lugo desde 1981, deu unha conferencia ós alumnos de 1º curso dos ciclos superiores de Asistencia á Dirección e Administración e Finanzas do IES A Pinguela de Monforte de Lemos.

Baixo o título “Saber ser, saber vivir”,ilustrou ós estudantes sobre eses usos e normas de utilidade social e a súa traxectoria histórica que recolle nun dos seus libros, “Civilidade”, publicado polo organismo provincial de Lugo hai xa 16 anos.

Esta materia proporciona habilidades fundamentais de tratamento e comportamento para a atención ao cliente e a organización de eventos.
Juan Carlos Fernández Pulpeiro é xornalista e membro fundador da Asociación Galega para Técnicos de Protocolo e Relacións Públicas e Institucionais.

ÚLTIMAS

Beth Willard, recoñecida xornalista e crítica de viños, visitou a Ribeira Sacra

O Consello Regulador da Ribeira Sacra encargouse de coordinar a estancia e a programación...

Máis de 550 participantes inscritos para o QTC 2027

Conta atrás para a celebración do Quiroga Trail Challenge 2027, proba que conta xa...

Tomé presenta uns Orzamentos de 21,5M€ incrementándose nun 16% con respecto ao 2025

O orzamento será sometido a debate e aprobación no Pleno municipal do vindeiro luns...

O BNG de Monforte esíxelle ao Concello solucións para as traballadoras da limpeza nos colexios públicos

A formación nacionalista lembra que xa preguntou no anterior pleno pola situación destas traballadoras...