HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xunta somete a información pública o plan de acción da paisaxe...

A Xunta somete a información pública o plan de acción da paisaxe na Ribeira Sacra

O goberno galego prevé que saia xa este verán.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta somete a información pública o futuro plan de acción da paisaxe na Ribeira Sacra por un período de dous meses para avanzar cara á súa aprobación, que prevé realizar de modo definitivo este verán, e a súa posta en marcha.

Durante o período de exposición pública, as entidades e cidadáns interesados poderán presentar alegacións para modificar ou enriquecer o documento, segundo lembrou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Tras esta fase e a publicación do texto no Diario Oficial de Galicia (DOG), iniciarase a tramitación do convenio entre o Instituto de Estudos do Territorio (IET), a Axencia de Infraestruturas de Galicia, o Consorcio Turismo Ribeira Sacra e as deputacións de Lugo e Ourense para executar o plan.

Este documento enmárcase no plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra, impulsado en 2019 pola Xunta para promover unha decena de actuacións ambientais e de ordenación do medio físico e, así, mellorar e pór en valor o territorio e reforzar a súa candidatura a Reserva da Biosfera e Patrimonio Mundial ante a Unesco.

O plan de acción da paisaxe levará a cabo en dous itinerarios localizados principalmente na Ribeira Sacra, o de Chantada-Ponte Nova dos Peares e o de Monforte de Lemos-Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, no tramo que conecta Cristosende co mosteiro.

O Goberno galego achegará a totalidade do investimento previsto, 130.000 euros, para executar as accións incluídas no plan. A cantidade total repartirase en 66.500 euros para 2021 e outros 66.500 euros en 2022.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...