HomesociedadeO embarcadoiro do Parque dos Condes de Monforte precisa dun amaño urxente

O embarcadoiro do Parque dos Condes de Monforte precisa dun amaño urxente

A instalación que emprega o Club Quixós para os adestramentos de piragüismo e o Concello de Monforte para os paseos en barca polo Cabe está sufrindo un estado de deterioro grave.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo refire Santiago Díaz, director deportivo do Club Quixós, esta plataforma sufre un desgaste importante dende hai tempo e deuse parte xa ao Concello de Monforte para que poña solución.

Non chegando esa reparación tan necesaria, estas semanas racharon varias táboas de madeira con algún susto importante para os deportistas. O embarcadoiro ten xa numerosos buracos na súa estrutura principal con base de madeira e supón un risco para os/as piragüistas pero tamén para os acompañantes que axudan aos máis pequenos e pequenas a embarcar e desembarcar.

Un furado na estrutura / XdL
Outro furado importante no embarcadoiro / XdL

O perigo de accidente tamén está para moita xente que baixa ao embarcadoiro a darlle de comer ás aves ou simplemente por curiosidade dado que a estrutura é de libre acceso.

Dende o Quixós afirman terlle lembrado novamente o tema ao Concello de Monforte para que actúe con urxencia de cara a evitar males maiores.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...