HomesociedadeA praza de abastos de Monforte estrea peixaría

A praza de abastos de Monforte estrea peixaría

Este martes, 4 de maio, abriu en Monforte o novo posto de peixaría da Praza de Abastos, a cargo da empresa Da Lonxa ao Prato, S.L., con sede en Santa Uxía de Ribeira e que ten como actividade a venda de peixe, marisco e produtos elaborados procedentes da pesca artesanal da frota de baixura galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Da Lonxa ao Prato, S.L. é a peixaría oficial da Cofradía de Pescadores da Pobra do Caramiñal, coa que teñen un convenio de colaboración para a explotación directa dos seus produtos. Para elo, a empresa conta con varias instalacións entre as que se atopan peixerías, unha depuradora e cetárea propias. A empresa tamén conta con unha plataforma de venda online a través da web: dalonxaaoprato.com.

O Alcalde subliñou que “a Praza de Abastos de Monforte volve a ter dende hoxe un posto de venta de peixe e marisco frescos así como produtos delicatessen do mar, ampliando así a variedade de servizos e produtos que ofrecemos dende este mercado de abastos ós monfortinos e monfortinas”.

horario de apertura deste posto de peixaría na Praza de Abastos será de martes a sábado de 9 a 15 horas. 

Novo posto de peixaría na Praza de Abastos de Monforte

A Lonxa de Ribeira na ría de Arousa, unha das principais lonxas galegas e das máis importantes en pesca de baixura de Europa, constitúe a orixe da maior parte dos nosos peixes e mariscos. 

Os produtos cos que traballa esta empresa proceden directamente da pesca artesanal e da frota de baixura da costa de Galicia. Trátase de produtos cunha trazabilidade totalmente garantida, mediante etiquetas nas cales se mostra a súa orixe, método de captura, especie… O cliente incluso pode coñecer o nome da embarcación que capturou o produto que leva á súa mesa. 

As actividades que forman parte do proxecto que esta empresa porá en marcha na Praza de Abastos de Monforte inclúen:

  • Exposición e venda ao público de produtos procedentes da pesca artesanal da frota de baixura dos mares e costas de Galicia.
  • Exposición e venda de crustáceos vivos mediante a instalación, no citado local, dun viveiro expositor en circuíto pechado.
  • Exposición e venda de produtos delicatessen elaborados de maneira tradicional por empresas de ámbito local.
  • Atención personalizada ó público á hora de facilitar a elaboración de produtos con peixe e mariscos.
  • Reparto a domicilio de produtos frescos e precociñados.
  • Visitas guiadas de turismo mariñeiro a bancos de produción de marisco en colaboración coa Confraría de Pescadores de A Pobra do Caramiñal.
  • Visitas guiadas á principal lonxa de procedencia dos produtos que se expoñen á venda, que permita aos nosos clientes empaparse da frenética actividade da rula.
  • Talleres de cociña para nenos e adultos.
  • Xornadas gastronómicas para a elaboración dos seus produtos.

Con estas actividades dende Da Lonxa ao Prato ten por obxectivo colaborar na dinamización da propia Praza no seu conxunto, a través dun novo concepto de peixería, moderna e dinámica.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...