HomeCulturaJazz en directo este sábado no Ateneo con Alfonso Medela Trio

Jazz en directo este sábado no Ateneo con Alfonso Medela Trio

O trío de jazz está formado por Alfonso Medela (piano), Loren Tabarés (contrabaixo) e Luis Vivas (batería). Ofrecerán un repertorio variado con composicións propias e arranxos de Medela, ademais dalgún tema clásico de jazz latino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Trio é residente dende hai anos do prestixioso Café Jazz Latino de Ourense. Ademais, ten un vínculo especial con Monforte xa que un dos compoñentes, Luis Vivas, é profesor na Escola de Música Moderna deste municipio.

O concerto será este sábado 8 de maio ás 20:00 horas. O prezo son 3€ para persoas socias do Ateneo Casino e 5€ para público xeral. A reserva é imprescindible. Para máis información e reservas, hai que contactar no teléfono 648 435 033.

A semana próxima continúa a programación no Ateneo Casino cun obradoiro sobre dixitalización organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios para o martes 11. O venres 14 haberá teatro coa obra ‘O Mundo de Martiña’ (Cía. Bátega) e o sábado 15, Xurxo Souto presentará o seu novo libro, Pangalaica.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...