HomeCulturaXurxo Souto presenta "Pangalaica" este sábado no Ateneo Casino

Xurxo Souto presenta “Pangalaica” este sábado no Ateneo Casino

O sábado haberá cita cultural do Ateneo Casino coa presentación do libro Pangalaica. Recortes poderosos (Editorial Galaxia) a cargo do seu autor, Xurxo Souto. E hoxe teatro coa compañía Bátega e a obra O Mundo de Martiña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O espectáculo desta tarde ás 20.00 está subvencionado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. Pedro Insua e Raquel López Cendán representan esta obra que conta o periplo vital de Martiña a través dun monólogo musicado e entretecido con cancións e diálogos. A actividade é de balde, previa reserva no teléfono 648 435 033.

O mesmo procedemento seguirase para a cita do sábado ás 12.30 coa presentación de Pangalaica. O libro é uha recompilación de artigos publicados en Nós Diario e que recollen historias e persoas que Xurxo foi coñecendo dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada Pangalaica.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...