HomeMedio ambiente e PatrimonioUn novo campo de traballo seguirá poñendo en valor o Castro de...

Un novo campo de traballo seguirá poñendo en valor o Castro de Penadominga

Un novo campo de traballo “Arqueolóxico e de Dinamización” seguirá poñendo en valor o Castro de Penadominga. O Concello de Quiroga recibiu a aceptación da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para levar a cabo o proxecto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado verán o campo de traballo comezou cun plan de acondicionamento encamiñado a que este lugar da serra de Bendollo se puidese visitar formando parte do conxunto de recursos culturais e turísticos do municipio e do Xeoparque Montañas do Courel. Os primeiros traballos consistiron no seu acondicionamento coa limpeza de maleza do castro.

O proxecto deste ano, no que participará o campo de traballo entre o 28 de agosto e o 8 de setembro, contempla a sinalización do acceso e a colocación dun panel explicativo no propio castro. Como dixo o Concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, tamén se vai abrir un sendeiro que permita chegar ata alí e facer unha ruta circular, aproveitando un antigo camiño que unía Bendollo con Vilar de Mondelo

O campo de traballo contará con 12 prazas para mozos e mozas de 18 a 30 anos de idade e será de ámbito nacional. En anos anteriores, os campos de traballo en Quiroga foron de ámbito internacional, agás o do pasado ano que se centrou na comunidade motivado pola pandemia sanitaria.

Nos últimos anos os campos de traballo de Quiroga acondicionaron diversos lugares de interese histórico e cultural do municipio, como unha ruta de sendeirismo, un tramo do Camiño de Inverno, o castelo dos Novaes, unha alvariza en Bustelo de Fisteus e o acceso á fervenza do Pombar.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...