HomesociedadeMonforte destina 20.000 euros para as axudas a libros e material escolar

Monforte destina 20.000 euros para as axudas a libros e material escolar

A Xunta de Goberno do Concello de Monforte aproba as bases e a convocatoria das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o curso 2021/2022. Haberá un prazo de 20 días para solicitalas, unha vez se publiquen a convocatoria e as bases no BOP.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para o financiamento destas subvencións, dende o Concello destínase un crédito máximo de 20.000 euros, “que son 2.000 euros máis que o pasado ano, co obxectivo de apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presenta dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto desta axuda, especialmente nun momento no que seguimos inmersos na crise da Covid-19”, destaca o Alcalde, José Tomé Roca.

Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2021/2022  en educación infantil (3-6 anos), educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

Para ser beneficiario/a desta axuda é preciso cumprir, entre outros, os seguintes requisitos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes:

  1. Ser pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e custodia do alumno/a que no ano escolar da convocatoria correspondente vaian a cursar estudos nas etapas educativas de ensinanza indicadas nesta convocatoria, en calquera centro docente, público ou concertado, do Concello de Monforte de Lemos.
  2. Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 55% IPREM para o ano 2021 (310,69€/mes) en cómputo anual (3.728,28€ ano por persoa).

contía máxima das axudas será a seguinte:

  • 150 € para Educación Infantil por cada alumno/a.
  • 100 € para Educación Primaria e por cada alumno/a.
  • 120€ para Educación Secundaria Obrigatoria por alumno/a.
  • 150€ para alumnado matriculado nun centro de educación especial ou en unidades de educación especial de centros ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65% . 

A solicitude formalizarase no formulario normalizado e irán acompañadas da documentación complementaria que requiren as bases, e todo elo poderá ser presentado no Rexistro dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos emprazado na secretaría do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n, no Rexistro Xeral do Concello, no Campo de San Antonio s/n, ou a través da Sede Electrónica municipal (www.sede.monfortedelemos.es).

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...