Homesociedade163.000 euros máis da Deputación para continuar coa mellora da estrada de...

163.000 euros máis da Deputación para continuar coa mellora da estrada de Monforte a Currelos

Unha vez realizada esta obra, esta estrada provincial, moi utilizada pola veciñanza monfortina e do Saviñao, quedará renovada en oito quilómetros, dende o punto 2,6 ata o 10,4, gracias a un investimento conxunto da institución superior aos 400.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo aproba a licitación das obras de rehabilitación dun novo tramo do firme da estrada LU-P-3202, que une Monforte de Lemos co núcleo de Currelos, no concello do Saviñao. Estas melloras, que contan cun investimento de máis de 163.000 euros, realizaranse no treito comprendido entre os quilómetros 6,9 ao 10,4.

Unha vez realizada esta obra, a vía quedará mellorada case en oito quilómetros, dende o punto 2,6 ata o 10,4. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, destacou que “a institución provincial leva investidos máis de 400.000 euros na rehabilitación desta vía provincial, que conta cun importante valor social ao tratarse dunha ruta moi utilizada polos veciños e veciñas de Monforte e do Saviñao”. 

Tomé Roca incidiu en que “a rede de estradas provinciais é unha das liñas de actuación prioritarias deste goberno á que se lle adican 16M€ nos Orzamentos de 2021”.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...