HomeCulturaMonforte pecha o teatro do primeiro semestre con "O mozo da última...

Monforte pecha o teatro do primeiro semestre con “O mozo da última fila”

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó primeiro semestre de 2021, este xoves 27 de maio ás 20:00 horas no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da sexta e última das obras previstas neste ciclo para público adulto: O mozo da última fila, da compañía Redrum Teatro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O teatro segue sendo protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no primeiro semestre do ano 2021, contando coas medidas de seguridade necesarias ante a Covid-19 para a realización de cada unha das actividades programadas. O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes. O aforo máximo do salón é de 110 persoas.

A obra de Redrum Teatro conta a historia de Claudio, un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. 

Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura. 

A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación (19:00 h). A entrada ó salón de actos realizarase dende vinte minutos antes do comezo da obra (19:40 h.).

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...