HomesociedadeDuplícase a capacidade de vacinación no sur de Lugo tras habilitar as...

Duplícase a capacidade de vacinación no sur de Lugo tras habilitar as instalacións do Sagrado Corazón

Este martes están convocadas as primeiras 450 persoas que se vacinarán contra a covid-19 neste inmoble, aos que seguirán mañá outras 450 tamén de entre 50 e 59 anos. Para o xoves citouse por segunda vez a quen, querendo vacinarse, non puido facelo na data na que se lle chamou; e entre o venres e o sábado pasarán por este espazo 1.385 persoas de entre 65 e 69 anos para recibir a segunda dose.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Sanidade habilitou unhas céntricas instalacións en Monforte de Lemos que permiten duplicar a capacidade de vacinación no sur da provincia de Lugo. Trátase do edificio do antigo colexio Sagrado Corazón, que foi remodelado e equipado expresamente para este fin.

As instalacións contan con seis postos de vacinación, fronte aos tres que se podían utilizar ata o de agora, e dispoñen de entrada e saída independentes e zonas de espera. “O edificio estaba en bo estado e tiña unha distribución de espazos que se prestaba tanto para acondicionar puntos de vacinación como para distribuír o fluxo de usuarios atendendo aos protocolos sanitarios”, afirma o delegado territorial, Javier Arias.

Con este traslado, apunta, “dobramos o número de postos de vacinación e facilitamos asistencia mañá e tarde de luns a domingo, dado que non interfire nin se ve condicionada pola actividade do hospital”.

Este será o punto de vacinación de referencia xeral para os veciños e veciñas do sur da provincia, usuarios do Hospital comarcal de Monforte de Lemos, polo que tamén resulta cómoda a súa ubicación fronte á estación de autobuses.

ÚLTIMAS

Premio ‘Lugo cambia o turismo lucense’ para o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Pazo de San Marcos acolleu na tarde deste martes 29 de setembro a...

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...